o-confidencial

Registrado: 02 Sep 2007 Mensajes: 78
|
Publicado: Lun Jul 14, 2008 11:38 pm Título del mensaje: Festival de habaneras |
|
|
O vindeiro sábado, 19 de xullo, ás 9 da noite celebrarase no auditorio municipal o Festival de Habaneras que tódolos anos leva a cabo a Sociedade Cultural Virxe do Mar, esta será a X edición e contará coa participación do Grupo de corda Plectro, o Coro Estrelas do Mar da 3ª Idade, a coral vallisoletana Támbara e a coral anfitriona Virxe do Mar.
O acto conta coa colaboración do Concello de Cedeira, a Deputación da Coruña, Xunta de Galicia, Fecoga (Federación Coral Galega) e o CEIP Nicolás del Río.
Por ser un xénero musical que gusta nas vilas mariñeiras agárdase que asista moita xente, como sucede tódolos anos. Así que a organización está entusiasmada, amais este tipo de festival monográfico sobre a habanera é único na bisbarra e por iso constitúe un aliciente máis para atraer á xente. _________________ Confidencial, so é un estado mental. |
|